galego :: castellano

Experiencia Profesional


Coa Consellería de Sanidade:Coa Consellería de Sanidade: Consultoría e asistencia para a elaboración dun plan que garanta que se cumpren os tratamentos antituberculosos, no Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose (2004 ata a actualidade).

Co Concello de Pontevedra Co Concello de Pontevedra (Área de Benestar Social):Asistencia técnica para o reforzo dos programas básicos dos servizos sociais no ámbito da atención primaria ao longo de dous meses e medio (maio - xullo 2005). Asistencia técnica: lanzamento da Oficina de Inmigración (Decembro 2005 - Febreiro 2006). Asistencia técnica para o reforzo dos programas básicos dos servizos sociais no ámbito da atención primaria ao longo de tres meses e medio (2006). Asistencia técnica para o reforzo do Proxecto de Mellora da Accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ao longo de cinco meses (2008). Asistencia técnica para o reforzo na aplicación da Lei de Dependencia ao longo de nove meses (2008). Asistencia técnica para o reforzo dos programas básicos dos servizos sociais no ámbito da atención primaria ao longo de sete meses e medio (2009). Asistencia técnica para o reforzo na aplicación da Lei de Dependencia ao longo de nove meses (2009-2010).

Co Concello de Santiago de Compostela (Concellaría de Promoción Económica): colaboración no proxecto de formación para persoas desempregadas: "proxecto PERSOA" (2006; 2009).

Co Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social: colaboración profesional co colexio de traballadores sociais no marco da quenda de adopción internacional para as valoracións das familias solicitantes de adopcións internacionais (2007).

Coa Deputación de A Coruña: Servicio de atención e actividades de tempo libre para os menores do Fogar Infantil Emilio Romay ao longo dun ano (2008).

Ao longo de todos estes anos de experiencia (2004-actualidade) desenvolvemos actividades de formación permanentes: accións formativas para dar a coñecer e sensibilizar cara ao cooperativismo e dar a coñecer a nosa experiencia específica no eido dos Servizos Sociais. Tamén elaboramos proxectos: formativos, de equipamentos (centro de día), actividades de sensibilización.